Carne

Subas en Ternera Gallega en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 09/12/2021 1:39 p.m.

A Mesa de Prezos de Amio, que serve de referencia para o sector, acordou esta semana unha suba de 3 céntimos na categoría Ternera Gallega, en tanto a categoría Suprema repite cotizacións. En canto ó mercado, unha sondaxe realizada pola feira entre as persoas usuarias permite concluír que se manteñen os prezos da anterior sesión en todos os tipos e categorías de vacún, tanto en recría como en vacún maior e abasto.

Esta semana entraron no recinto de Amio 1.471 reses, 352 menos que a pasada sesión. Hai que ter en conta que o mercado celebrouse esta semana en festivo, o día 8, o que restou afluencia. Houbo 1.130 cabezas de vacún menor (345 menos), 185 de vacún mediano (52 máis) e 155 de vacún grande (53 menos).

Máis información
- Táboa de cotizacións de Amio (8-XII-2021).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada