Carne

Subas en Ternera Gallega en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 01/09/2021 2:08 p.m.

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega, que marca semanalmente cotizacións de referencia coincidindo co mercado de Amio, acordou hoxe subir 2 céntimos os prezos de todas as canais da categoría Ternera Gallega, permanecendo sen cambios os valores da Suprema.

Na feira, unha sondaxe realizada polo Mercado entre as persoas usuarias permitiu concluír que houbo unha suba de 5 céntimos nos prezos de todas as categorías de canais de vacún mediano. Tamén se apreciou unha tendencia á alza na recría nos prezos da raza frisona, así como en vacún maior nas clases P e O. De se manter esa tendencia, no próximo Mercado é probable que se constaten as subas correspondentes na recría e no vacún maior.

A sesión de hoxe en Amio contou cun total de 2.182 reses, 50 menos que a pasada semana. Houbo 1.739 cabezas de vacún menor (158 menos), 182 de vacún mediano (35 máis) e 261 de vacún grande (73 máis).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa de prezos de Amio (1-IX-2021)

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada