Carne

Subas en Ternera Gallega e na recría Frisoa no Mercado de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 24/02/2022 6:19 p.m.

Esta semana, a Mesa de prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega, que marca cotizacións de referencia no Mercado de gando de Amio, acordou unha suba de 2 céntimos nas canais de tódalas categorías e calidades desta carne.

Ademais, con respecto do vacún presente no recinto feiral, a sondaxe realizada entre os usuarios apunta a que se produciu unha suba de 10 euros nos prezos da recría de raza Frisoa.

En canto á asistencia de gando, contabilizáronse 1.751 reses, o que supón 193 animais menos que a semana pasada. Houbo 1.416 cabezas de vacún menor (191 menos que na sesión anterior), 139 de vacún mediano (16 máis) e 196 exemplares de vacún grande (18 reses menos).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (23-II-2022).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada