Carne

Subas en Ternera Gallega e na recría de Rubia Galega e cruces en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 01/12/2022 9:00 a.m.

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordou esta semana unha nova suba de 2 céntimos nos prezos de todas as calidades e categorías desta carne.

No Mercado de Amio, este mércores tamén houbo variacións nos prezos da recría, segundo apuntaron usuarios na sondaxe realizada durante a sesión. Os prezos da recría de razas Rubia Galega e cruces incrementáronse en 5 euros. Mentres, a recría frisoa baixou outro tanto.

En canto á asistencia de gando, houbo 1.886 reses, 209 máis que a pasada semana. Por categorías contabilizáronse 1.558 cabezas de vacún menor (133 máis), 133 de vacún mediano (30 máis) e 162 de vacún maior (13 máis).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (30-XI-2022).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada