Carne

Subas en Ternera Gallega e baixada dos prezos no mercado de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 08/11/2023 3:52 p.m.

Os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron esta semana unha suba de 0,02 euros para todas as categorías e calidades desta carne.

Mentres, no Mercado de Amio, este mércores houbo unha gran afluencia de animais, logo de que a semana pasada apenas concorrera gando ó coincidir coa celebración de Todos os Santos. Hoxe contabilizáronse 2.577 animais, o que supón 1.018 máis que a semana pasada.

En concreto, houbo 2.251 cabezas de vacún menor (942 máis), 129 de vacún mediano (25 reses máis) e 197 de vacún maior (51 máis).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto ós prezos, houbo unha baixada de 10 euros nos prezos da recría de raza Frisoa. Tamén se aprecia unha tendencia á baixa no vacún maior das clasificacións O e P.

Máis información
–Táboa de cotizacións de Amio (8-XI-2023).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada