Carne

Subas en Silleda nos xatos mamóns de raza frisoa e cruce industrial e baixadas nos becerros carniceiros

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 09/09/2020 11:58 a.m.

Na poxa celebrada este martes na Lonxa Agropecuaria de Galicia en Silleda houbo subas nos machos lactantes de recría e baixas nos destetados e nos becerros carniceiros, que caeron de maneira importante, agás nos machos de rubia galega. Continuaron subindo lixeiramente tamén as vacas de categoría Extra, continuando deste xeito a forte alza da semana pasada, mentres as de Primeira volveron caer e as de Segunda recuperáronse algo. 

No que respecta ás mesas de prezos do resto de especies, mantiveron as cotizacións da semana anterior tanto no porcino coma no coello, mentres que nos ovos produciuse unha baixada despois de ter mantido os prezos o pasado día 1 de setembro.

No vacún, cunha asistencia maior que na primeira semana de setembro, pois adxudicáronse un total de 631 animais, houbo subas importantes nos becerros mamóns de raza frisoa de 15 a 20 días, que se pagaron de media a 80 euros, fronte aos 64 da poxa anterior. Tamén subiron os cruces industriais até 50 días, que se pagaron a 231 euros os de até tres semanas e a 243 euros os de 21 a 50 días, mentres que baixaron notablemente os de máis de 50 días, que se pagaron a 252 euros fronte aos 316 da semana anterior.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Baixadas nas femias pequenas de recría e suba nas vacas Extra

Nas femias de recría, producíronse baixas moi importantes nas frisonas, que se pagaron entre 16 e 51 euros e tamén nas becerras pequenas de cruces industriais, que cotizaron desde 78 euros as de menos de tres semanas a 152 as de 21 a 50 días, mentres que as de máis de 50 días pagáronse a 255 euros, 45 máis que a semana anterior. No que respecta aos becerros de raza rubia galega, os 7 machos adxudicados pagáronse a 540 euros mentres as 3 femias vendéronse a 400 euros.

No vacún maior, cunha asistencia semellante á da semana precedente, houbo lixeiras subas nas vacas de categoría extra E-U, que se pagaron a unha media de 1.914 euros, e baixas na categoría primeira (R), con prezos de 1.052 euros. As vacas de segunda (categoría O) subiron 15 euros, até os 735, mentres que as de desfeito (categoría P) mantiveron prezos, pagándose a 445 euros, e continuando co escaso valor que veñen tendo desde que se producira a crise sanitaria provocada polo coronavirus. O único animal marcado como Vaca e Boi de Galicia pagouse a 711 euros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No que respecta aos becerros carniceiros, baixaron os de raza frisoa e cruce, que se pagaron de media a 434 e 716 euros respectivamente, e subiron os machos de rubia galega, pagados a 1.011 euros, fronte aos 774 euros das femias, que baixaron case 100 euros con respecto á semana anterior, cando se pagaran a 872 euros.

Máis información:
Táboa completa das cotizacións da Lonxa de Silleda (8-IX-2020).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada