Carne

Subas en recría e gando de abasto en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 06/05/2021 11:34 a.m.

O mercado de Amio desta semana saldouse con subas no gando de recría e nas canais de matadoiro, segundo unha sondaxe aleatoria realizada polo Mercado entre os seus usuarios. O Mercado calcula que subiron 10 céntimos / Kg. todas as canais de matadoiro, en tanto a recría aumentou arredor de 10 euros no caso das reses descostradas e lactantes de cruces e de frisona. Estes son datos estimativos, pois a Mesa de Prezos de Gando de Abasto acumula varias semanas sen constituírse por falta de asistencia dos seus vogais.

En Ternera Gallega, a Mesa de Prezos da IXP decidiu por maioría manter os mesmos valores da pasada semana en todas as categorías e calidades desta carne.

A asistencia de gando ó mercado desta semana foi de 1.775 reses, 17 máis que na anterior sesión. Houbo 1.462 cabezas de vacún menor (7 máis), 130 de vacún mediano (12 menos) e 183 de vacún grande (22 máis).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa de cotizacións de Amio (5-V-2021).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada