Carne

Subas en Amio en vacún maior e becerros

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 06/06/2019 9:20 a.m.

As cotizacións de referencia marcadas polas mesas de prezos de Amio experimentaron esta semana modificacións nos valores decididos pola Mesa de Abasto, en tanto a Mesa de Ternera Gallega acordou a repetición dos valores da anterior sesión. En Abasto, sobe o vacún maior das clases O e P en 5 céntimos, en tanto os becerros para sacrificar das clases U e R sobe 10 céntimos nos animais de ata 220 quilos. En gando de recría non hai cambios.

A asistencia de gando á sesión de onte foi de 1.962 reses, 69 máis que a pasada semana. Houbo 1.538 cabezas de vacún menor (12 máis), 233 de vacún mediano (20 máis) e 184 de vacún grande (45 reses máis).

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (5-VI-2019).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada