Carne

Subas en Amio en Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 11/09/2019 3:17 p.m.

A Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, que se reúne tódalas semanas coincidindo co Mercado de Amio, en Santiago, acordou hoxe por maioría aplicar subas entre 2 e 5 céntimos nas distintas categorías. Detállanse a continuación os cambios:

- Suba de 2 céntimos en todas as canais da categoría Ternera Gallega e nos machos de Suprema con peso inferior a 200 quilos.

- Subir 3 céntimos tódalas canais de femias de Suprema de peso inferior a 180 quilos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Subir 5 céntimos tódalas canais de Suprema de pesos superiores a 200 Kg. (machos) e de 180 Kg. (femias).

Na Mesa de Prezos de Gando de Abasto, que marca cotizacións de referencia para gando de recría, vacún maior e becerros carniceiros, acordouse a repetición dos valores da pasada semana en tódalas categorías.

En canto á asistencia de gando á sesión de hoxe, houbo 2.119 reses, 390 menos que a pasada semana. Houbo 1.652 cabezas de vacún menor (382 menos que na sesión anterior), 250 de vacún mediano (8 máis) e 203 de vacún grande (10 menos).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (11-IX-2019).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada