Carne

Subas en Amio en Ternera Gallega e na recría de cruces

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 01/12/2021 3:30 p.m.

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordou unha suba de 2 céntimos nos prezos de Suprema e de 3 céntimos na categoría de Ternera Gallega. En canto ós prezos do resto do gando, unha sondaxe realizada entre as persoas usuarias do mercado de Amio, permite concluír que houbo unha suba de arredor de 5 euros no gando recría de cruce, en tanto o resto de categorías continúa sen cambios, tanto o resto da recría como o vacún maior e os becerros de sacrificio.

A asistencia de gando foi de 1.475 cabezas de vacún menor (53 máis que a anterior sesión), 133 de vacún mediano (18 menos) e 208 de vacún grande (18 máis). En total, entraron no mercado 1.823 cabezas de gando (55 máis).

Máis información
- Táboa de prezos de Amio (1-XII-2021).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada