Carne

Subas en Amio en becerros de abasto e no frisón de recría

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 08/06/2017 9:51 a.m.

As cotizacións de Amio evolucionaron esta semana á alza nas categorías de becerros de abasto e no gando de recría frisón. En becerros de abasto para sacrificar, soben 10 céntimos as clasificacións R e O das canais de ata 180 quilos. Na categoría de 181 a 220 quilos, esa mesma suba de 10 céntimos exténdese ás categorías S, E, U, R e O.

En canto ó gando de recría, a presión da demanda sobre unha oferta á baixa leva a que suban 10 euros os prezos de todas as calidades de machos descostrados e lactantes da raza frisona, excepto as calidades regular (+15 euros) e inferior (+5) nos descostrados.

Os prezos do vacún maior continúan sen cambios e o mesmo sucede cos valores decididos na Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A asistencia de gando á feira desta semana foi de 2.157 reses, 69 menos que a pasada semana. Houbo 1.636 cabezas de vacún menor, 226 de vacún mediano e 275 de vacún grande.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (7-VI-2017).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada