Carne

Subas en Amio dos prezos en Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 29/07/2020 2:10 p.m.

A Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida de Ternera Gallega, que se reúne semanalmente no Mercado de Amio (Santiago), acordou esta mañá unha suba de 0,07 euros quilo nos prezos das canais da calidade Suprema e de 0,03 euros na calidade convencional.

En canto á Mesa de Prezos do gando de Abasto, os prezos mantéñense esta semana sen cambios en tódalas categorías e calidades tanto de recría como de abasto para sacrificar, así como no vacún maior. Os vogais aprecian unha tendencia forte á baixa nos prezos da recría e do vacún maior de abasto, así como moita lentitude no mercado de vacún mediano para sacrificar.

Na xornada de hoxe rexistráronse 1.840 reses, 206 máis que o pasado mércores. Houbo 1.460 cabezas de vacún menor, o que supón 190 máis que na sesión anterior. Contabilizáronse 179 animais de vacún mediano, 19 máis que na feira pasada e 192 de vacún grande, 12 reses menos que hai unha semana.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información

– Táboa completa das mesas de prezos de Amio (29-VII-2020).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada