Carne

Subas dos prezos na Suprema de Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 09/08/2023 6:20 p.m.

Os vogais da Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordaron esta semana aplicar unha suba de 0,02 euros nos prezos das canles da categoría Suprema.

Mentres, no Mercado de gando de Amio rexistrouse este mércores unha nova baixada dos prezos, segundo se amosa na sondaxe realizada entre os asistentes á feira. En concreto, houbo unha baixada de 10 euros nos prezos da recría frisoa.

En canto á asistencia houbo 1.737 reses, o que supón 17 máis que na sesión da semana pasada. En concreto, na feira deste mércores contabilizáronse 1.460 cabezas de vacún menor, 15 menos que na sesión anterior. Houbo 128 de vacún mediano (14 máis) e 149 de vacún grande (18 máis que a semana pasada).

Máis información

–Táboa de cotizacións de Amio (9-VIII-2023).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada