Carne

Subas de Ternera Gallega en Amio

Os prezos do gando de recría, vacún maior e abasto continúan sen cambios

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 07/12/2016 10:43 p.m.

As cotizacións de Ternera Gallega experimentaron esta semana un repunte de 3 céntimos en todas as categorías e calidades do gando, tras varios meses de estabilidade. A decisión adoptouse por maioría de votos na Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega en Amio.

En canto á Mesa de Prezos de Abasto, os vogais coincidiron en apreciar unha tendencia á baixa nos prezos das calidades regular e inferior do gando de recría de rubia galega e de cruce, se ben acordaron manter todas as cotizacións igual que na anterior sesión. Tampouco houbo cambios en vacún maior e en abasto.

A asistencia de gando esta semana á feira de Amio foi de 1.786 reses, 384 menos que a pasada semana. Por categorías, houbo 1.373 cabezas de vacún menor, 248 de vacún mediano e 241 de vacún grande.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (7-XII-2016)

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada