Carne

Subas de prezo en Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 22/07/2021 10:57 a.m.

A Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega, que marca cada semana cotizacións de referencia para o sector, acordou unha suba de 5 céntimos en todas as canais de Suprema, así como de 2 céntimos en todas as canais da categoría Ternera Gallega.

É a boa noticia que deixa esta semana o mercado de Amio e as súas mesas de prezos paralelas, pois no resto do gando, os prezos permanecen sen cambios ou baixan, caso do gando de recría frisón, que perde 5 euros en relación á anterior sesión, segundo unha sondaxe realizada polo Mercado entre as persoas usuarias.

En asistencia, a sesión deste mércores tivo 1.877 reses, 53 máis que a pasada semana. Houbo 1.527 cabezas de vacún menor, 177 de vacún mediano e 173 de vacún grande.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa de cotizacións de Amio (21-VII-2021).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada