Carne

Subas de ata 50 céntimos na Mesa de Prezos de Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 06/04/2022 2:38 p.m.

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordou unha suba de 50 céntimos en tódolos prezos da categoría Suprema, así como de 40 céntimos na categoría Ternera. Este aumento tan acusado dos prezos acordouse por maioría dos integrantes da Mesa, na que participan produtores e industrias. No debate, prevaleceu a vontade de reflectir nas táboas de prezos o forte encarecemento dos custos de produción, segundo informa o Mercado de Amio.

O aumento das cotizacións marcadas na Mesa de Prezos de Ternera Gallega, que serven de referencia no mercado, chega despois de que matadoiros, cadeas de distribución e produtores asinasen recentemente un protocolo no que tódalas partes se comprometían a que os prezos da carne cubrisen os custos de produción ao longo de toda a cadea. Trala sinatura daquel acordo, Unións Agrarias xa pronosticara unha suba inmediata dos prezos, que agora se plasma nos valores marcados na Mesa de Ternera Gallega.

No mercado celebrado hoxe en Amio, a organización feiral sinala que hoxe xa se constataron importantes subas no prezo do gando en tódolos animais con destino a matadoiro, tal e como se reflicte nas táboas de prezos que acompaña.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A asistencia de gando á sesión desta semana en Amio foi de 2.412 reses, 239 menos que a pasada semana, na liña de recuperar a afluencia habitual antes do paro do transporte. Houbo 1.995 cabezas de vacún menor, 186 de vacún mediano (115 máis que na anterior sesión) e 231 de vacún grande (4 reses menos).

Máis información
- Táboas completas do mercado de Amio (6-IV-2022).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada