Nos becerros carniceiros de cruce industrial, os machos mantiveron practicamente as cotizacións da semana pasada (983€ de media), mentres as femias subiron de 800 a 839€. Nos animais de rubia galega foi ao revés, baixaron 25€ as femias e subiron 100€ os machos.
Nas vacas, a revalorización media foi de 20€ en todas as categorías: extra, primeira, segunda e desfeito
Loading ad.Ad could not be loaded.
No relativo á recría, seguen subindo os xatos pintos, tanto os becerros mamóns de menos de tres semanas, que se revalorizaron 30€ de media, como os de máis idade, de máis de 50 días, que subiron case 20€.
Nos de cruce industrial, o comportamento foi desigual, pois mentres se revalorizaron de forma xeralizada as femias, nos machos subiron os de idade intermedia (entre 21 e 50 días), pero baixaron tanto os de menos de tres semanas de vida como os de máis de 50 días.
Terceira subida consecutiva dos ovos, que cotizan a 2,60€ a ducia XL
Loading ad.Ad could not be loaded.
No resto de sectores gandeiros, destaca unha nova revalorización nos ovos, que encadean unha suba de 15 céntimos nas últimas tres semanas. A ducia de tamaño XL, tanto en ovos brancos como rubios págase a 2,60€. Nos porcos, subiron 2€ os bacoriños, mentres o porcino cebado mantivo os prezos.
A táboa completa das cotizacións da poxa deste martes 20 de setembro celebrada na Central Agropecuaria de Galicia pódese descargar no seguinte enlace.