Carne

Suba do prezo da recría no Mercado de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 29/03/2023 5:42 p.m.

O Mercado de gando de Amio rexistrou este mércores unha suba de 5 euros nos prezos de tódalas categorías e calidades do gando de recría. A venda do vacún mediano de matadoiro segue a caracterizarse pola súa lentitude, tal e como se extrae da sondaxe realizada entre os asistentes á sesión.

A mesa de Prezos de Ternera Gallega acordou esta semana manter os prezos sen cambios para todas as categorías e calidades.

En canto á asistencia houbo 1.643 reses, o que supón 195 máis que a sesión da semana pasada. En concreto contabilizáronse 1.352 cabezas de vacún menor, 151 máis que na sesión anterior. Houbo 125 de vacún mediano (44 máis) e 166 de vacún grande (o mesmo número que a semana pasada).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información

–Táboa de cotizacións de Amio (29-III- 2023).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada