Carne

Suba nos xatos pintos e baixada nos cruces industriais en Silleda

Os becerros carniceiros depreciáronse unha media de 50€ por animal, en tanto que as vacas de categoría extra seguen a revalorizarse e xa superan os 2.000€

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 07/09/2022 8:37 a.m.

Suba nos becerros mamóns pintos, que no caso dos machos de menos de tres semanas de vida pasaron de valer 94€ de media a semana pasada a 112€ este martes, en tanto as femias cotizaron a 53€. No caso dos cruces industriais, a tendencia foi inversa, baixando de media 20€ por categoría.

No vacún maior, os prezos seguen a ser elevados, con subas nas categorías extra e primeira e baixadas nas vacas de segunda e nas de desfeito. As vacas de categoría extra superaron a barreira dos 2.000€, aos que tamén se aproximaron os animais certificados coa IXP Vaca e Boi de Galicia.

As vacas de categoría extra superaron a barreira dos 2.000€

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En tanto, nos becerros carniceiros de cruce industrial, producíronse baixadas de máis de 50€ por animal, pagándose de media a 932€.

No porcino, segue a tendencia á alza en todas as categorías e tamén subiron os ovos e os coellos.

A táboa completa das cotizacións da poxa deste martes 6 de setembro celebrada na Central Agropecuaria de Galicia pódese descargar no seguinte enlace

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada