Carne

Suba nos machos de recría frisóns en Amio

As mesas de prezos manteñen as cotizacións no resto de categorías de gando

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 11/05/2017 9:18 a.m.

As cotizacións do gando sinaladas cada semana nas mesas de prezos de Amio mantéñense esta semana sen cambios salvo no referente ó gando de recría frisón. Os machos frisóns soben 5 euros. A única excepción dáse nos animais lactantes de calidade inferior, que soben 20 euros por razóns de axuste técnico.

A Mesa de Prezos de Abasto repite cotizacións no resto de categorías, tanto en becerros de abasto como en vacún maior, se ben en vacún maior apréciase unha tendencia á baixa polo aumento da oferta nos matadoiros.

En Ternera Gallega, a Mesa de Prezos da IXP acordou por maioría de votos manter os valores da anterior sesión.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa de prezos de Amio (10-V-2017).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada