Carne

Suba en Ternera Gallega Suprema en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 02/11/2018 4:42 p.m.

A Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega do Mercado de Amio acordou subir o prezo para todas as tipificacións da calidade Suprema. Fixaron un incremento de 2 céntimos que responde a unha baixada da súa oferta no mercado. Esta categoría foi a única na que se rexistraron subas esta semana, xa que na Mesa de Prezos de gando de abasto as cotizacións mantivéronse sen cambios ou con baixadas.

No gando de recría repetíronse os prezos da sesión anterior para todas as categorías e calidades. Apréciase unha forte baixada na demanda das categorías extra e boa dos machos de Frisona, que chega a ser prácticamente nula para as categorías regular e inferior. Tamén se manteñen como na sesión anterior os prezos das becerras e becerros medianos para sacrificar.

No tocante ó vacún maior, esta semana baixan 5 céntimos os prezos das subclases O3, O2 E O1 e da clase P. Coincide que hai xusto unha semana estas mesmas categorías rexistraran unha suba tamén de 5 céntimos, polo que o prezo volve situarse en valores de hai dúas semanas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto á asistencia de gando, esta semana contabilizáronse 1.997 reses, 44 menos que o pasado 24 de outubro. Houbo 1.626 cabezas de vacún menor (40 máis que na sesión anterior), 216 de vacún mediano (44 menos que na feira pasada) e 149 de vacún grande (41 exemplares menos).

Máis información
Táboa completa de prezos de Amio (31-X-2018).

 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada