Carne

Suba en Ternera Gallega Suprema en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/07/2019 10:35 a.m.

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega Suprema acordou unha suba de 3 céntimos nos prezos das canais da categoría Suprema. En canto á Mesa de Prezos de Gando de Abasto, acordouse unha suba de 5 céntimos no gando de abasto de clases E, U, R e O e pesos de ata 250 quilos. Non hai cambios nin na recría nin no vacún maior, aínda que advírtese unha tendencia á baixa deste último.

A asistencia de gando ó mercado desta semana foi de 2.296 reses, 166 máis que a pasada semana. Houbo 1.910 cabezas de vacún menor (170 máis que a pasada semana), 200 de vacún mediano (igual que a pasada semana) e 169 de vacún maior (15 menos).

Máis información
- Táboa de prezos de Amio (3-VII-2019).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada