Carne

Suba en Ternera Gallega en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 17/06/2021 10:50 a.m.

A Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega, que marca cada semana prezos de referencia coincidindo co mercado de Amio, decidiu por maioría subir 3 céntimos os prezos das canais R da categoría Ternera Gallega -non os de Suprema-, en pesos superiores nas femias a 200 Kg. e nos machos a 225 Kg.

En gando de abasto, no mercado de Amio non se apreciaron cambios nos prezos nin na recría nin no vacún maior e becerros destinados a matadoiro, segundo a sondaxe realizada polo mercado entre as persoas usuarias.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 1.943 reses, 92 máis que a pasada semana. Houbo 1.593 cabezas de vacún menor (83 máis que na sesión anterior), 174 de vacún mediano (18 máis) e 176 de vacún grande (8 menos).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa de cotizacións de Amio (16-VI-2021).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada