Carne

Suba en Ternera Gallega e nos becerros de recría en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
28/09/2022 1:35 p.m.

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordou este mércores unha suba de 3 céntimos en todas as categorías e calidades da carne, ao igual que ven realizando nas últimas semanas.

En canto ó mercado de Amio desta semana, houbo unha suba de 10 euros de media por animal nos becerros de recría de cruce, segundo unha sondaxe da organización do mercado entre as persoas usuarias.

En canto á asistencia de gando, houbo 1786 reses, 36 menos que a pasada semana. Por categorías houbo 1.482 cabezas de vacún menor (26 menos), 108 de vacún mediano (26 menos) e 196 de vacún maior (30 máis).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información:
– Táboa completa das cotizacións de Amio (28-IX-2022).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada