Carne

Suba en Ternera Gallega e lentitude no movemento de vacún maior en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 22/09/2022 8:55 a.m.

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega acordou esta semana unha suba de 3 céntimos en todas as categorías e calidades da carne. En canto ó mercado de Amio desta semana, os prezos mantéñense en relación á pasada semana, segundo unha sondaxe da organización do mercado entre as persoas usuarias. Destácase tamén que se apreciou unha gran lentitude nas operacións do gando de vacún maior.

En canto á asistencia de gando, houbo 1.822 reses, 43 menos que a pasada semana. Por categorías houbo 1.522 cabezas de vacún menor (22 menos), 134 de vacún mediano (3 menos) e 166 de vacún maior (12 menos).

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (21-IX-2022).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada