Carne

Suba en Amio dos tenreiros de abasto e de Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
13/07/2016 9:44 p.m.

As cotizacións de Amio deste mércores caracterizáronse pola subida dos prezos dos tenreiros de abastos e os de Tenreira Galega e pola baixada no resto de categorías.

En concreto, os vogais da Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega decidiron por maioría subir en 0,05 euros os prezos das femias e dos machos da categoría Suprema en todos os tramos de peso e en 0,02 euros por quilo os das restantes categorías.

Na mesa de prezos de abasto decidiuse por unanimidade:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-No gando de recría, baixar 10 euros os prezos das calidades extra, boa e regular dos machos descalostrados e lactantes das razas Rubia Galega e Cruzada. Apréciase unha tendencia á baixa nos prezos da raza Frisoa do gando de recría. Para o resto de prezos mantense igual que na sesión anterior.

-No de abasto soben 0,05 euros os prezos de todas as calidades das becerras e os becerros de peso en canle ata 220 quilogramos (sobe 0,25 euros a clasificación P por razóns de axuste técnico). En canto ao vacún maior, cuxo mercado se desenvolveu con moita lentitude, ademais de apreciar unha tendencia xeral dos prezos á baixa, os vogais deciden baixar 0,05 euros os das subcategorías 03 e 02, e subir outro tanto o da subclase 01.

-Coinciden tamén os vogais en apreciar unha comercialización lenta en todo o mercado, excepto a do gando de abasto para sacrificar ata 220 quilogramos de peso en canle.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Por último, en canto á asistencia á sesión de hoxe, foi de 2.292 reses, 207 menos que á do pasado día 6.

Descarga aquí as cotizacións de Amio deste mércores.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada