Carne

A suba dos custos de produción pon en dificultades ás granxas de coellos

UPA advirte de que a situación dos produtores é “crítica e insostible” e insta o Ministerio a actuar obrigando a revisar os contratos para que se cumpra a Lei da Cadea Agroalimentaria

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 28/07/2021 7:50 a.m.

[caption id="attachment_134405" align="aligncenter" width="660"] Coellos nunha explotación no concello lucense de Alfoz[/caption]

Os produtores de coello afrontan unha grave crise derivada dun forte incremento dos seus custos. A Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros cualifica de “espectacular” o incremento dos gastos en alimentación e en electricidade. Os custos laborais tamén aumentaron, do mesmo xeito que os gastos veterinarios.

“Os cunicultores non son capaces de trasladar ese incremento de custos ao prezo do seu produto”, denunciaron desde UPA. Do mesmo xeito que pasa noutros sectores, o primeiro elo da cadea é o máis débil e o que menos capacidade ten para que o seu traballo sexa recoñecido, e remunerado. “A Lei da Cadea Alimentaria obriga a cubrir o custo de produción”, lembran desde esta organización agraria.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O penso para nais encareceuse en 55€/tonelada e o de cebo en 38€/tonelada e a electricidade subiu un 30% no último ano

UPA pon cifras ao incremento de custos, que supera os 55 euros por tonelada para o penso para nais ou de 38 euros/tonelada o penso para cebo. A electricidade, necesaria para climatizar as granxas, encareceuse un 30% respecto a 2020. Todo iso está a levar a un descenso da produción en 2020 de case un 3% respecto a 2019 entre as preto de 2.000 granxas dedicadas ao coello en España.

A pandemia tamén afectou ao sector cunícola

Loading ad.
Ad could not be loaded.

UPA denunciou que a crise derivada da pandemia levou a un incremento do consumo de carne nos fogares, pero un afundimento na restauración. O balance total é negativo. O consumo de carne de coello en España non chega nin a un quilogramo per cápita. Os gandeiros animan a consumir máis, tendo en conta que é unha das carnes máis saudables que existen e que é parte fundamental de moitas receitas da Dieta Mediterránea.

A pesar de ser unha das carnes máis saudables que existen, o consumo de coello non chega a un quilogramo per cápita ao ano

Os cunicultores piden ao Ministerio de Agricultura que revise os contratos e garanta o cumprimento da Lei da Cadea. Tamén reclaman campañas de promoción para que o coello ocupe o lugar que se merece na dieta dos españois.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada