Carne

Suba dos becerros de recría en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse seguir baixando o prezo dos leitóns. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 29 de marzo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
29/03/2016 6:15 p.m.

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizáronse pola suba dos prezos dos becerros de recría, tanto os de Frisona como os de Cruce Industrial e especialmente nos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa. O vacún maior tamén experimentou unha lixeira suba de prezos.

Deste xeito, nos tenreiros de Frisoa, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 101 euros, fronte aos 94 pasado martes. Sen embargo, a cifra representativa, é a dos de 21 a 50 días, onde a media foi de 120 euros por xato, sete máis que a semana pasada. Pola contra, nos tenreiros de máis de 51 días houbo unha baixada: 137 euros de media por animal fronte aos 162 do pasado martes.

Nos becerros de recría de Cruce industrial a tendencia foi tamén á alza. Nos xatos de menos de 20 días os prezos medios foron de 199 euros de media por animal fronte aos 160 da pasada semana. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos foi de 310 euros, fronte aos 292 do pasado martes. Pola contra, nos becerros de máis de 51 días e ao igual que nos de raza Frisona houbo unha baixada significativa: 413 euros fronte aos 464 da anterior sesión.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No vacún maior a tendencia foi tamén a unha lixeira suba. Deste xeito, quedaron en 1.110 euros de media en categoría primeira, 719 en segunda -a máis numerosa- e 425 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.105, 713 e 420 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ovos sen cambios

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da pasada semana: a categoría XL quedou en 1,17 euros; a L nos 1,11 euros por ducia; a M quedou en 1,08 euros e o prezo para a S fixouse nos 0,95 euros.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, os prezos mantivéronse nos 1,50 €/quilo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Sen cambios no porco cebado e baixada nos leitóns

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou manter os prezos da pasada semana: 0,950 euros por kilo para a categoría Selecta; 0,955 para a Normal e 1,201 euros por kilo para a Canal II.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, esta semana os prezos baixaron un 0,02% ata os 1,31 euros o quilo.

En canto aos leitóns acordouse unha nova baixada: un 2% menos. Deste xeito quedaron nos 31 euros os procedentes de varias explotacións e nos 36 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada