Carne

Suba dos becerros de recría de Rubia Galega e Cruces en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 07/11/2019 9:36 a.m.

A Mesa de Prezos de gando de abasto do Mercado de Amio, (Santigo) acordou esta semana unha suba de 5 euros nos prezos de tódolos animais de recría das razas Rubia Galega e Cruces Industriais de Cor. Mentres, mantéñense os mesmos prezos para o resto do gando de recría, así como para o vacún mediano para sacrificar e o maior de abasto.

Tampouco houbo variacións nos prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega. Porén, os vogais constatan un descenso simultáneo na oferta de gando e na demanda de carne.

En canto á asistencia de gando, esta semana contabilizáronse 1.901 animais, 64 máis que o pasado día 30 de outubro. Houbo 1.526 cabezas de vacún menor (38 máis que na sesión anterior), 211 de vacún mediano (17 máis que na feira pasada) e 148 de vacún grande (a mesma cantidade que hai unha semana).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
– Táboa completa das cotizacións de Amio (06-XI-2019).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada