Carne

Suba dos becerros de recría de Frisoa e baixada dos de cruce en Silleda

Nas mesas de prezos dos ovos houbo unha baixada mentres que na de porcino acordouse unha pequena suba. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 26 de abril

Loading ad.
Ad could not be loaded.
27/04/2016 8:11 a.m.

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizáronse pola suba dos tenreiros de recría de Frisoa, mentres que nos de Cruce Industrial a tendencia foi á baixa. O vacún maior tamén experimentou unha lixeira baixada de prezos.

Deste xeito, nos tenreiros de Frisoa, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 105 euros, fronte aos 96 do pasado martes. Con todo, a cifra representativa é a dos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde a media foi de 140 euros por xato, fronte aos 123 da semana pasada. Nos tenreiros de máis de 51 días houbo tamén suba de prezos: 166 euros de media por animal fronte aos 150 do pasado martes.

Pola contra, nos becerros de recría de Cruzamento industrial a tendencia foi á baixa. Así, nos tenreiros de menos de 20 días os prezos medios foron de 287 euros de media por animal fronte aos 370 da pasada semana. Pola contra, na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos foi de 279 euros, fronte aos 319 do pasado martes, mentres que nas femias subiu ata os 246 euros de media, fronte aos 234 da pasada semana. E nos xatos de máis de 51 días houbo baixada das cotizacións: 388 euros fronte aos 452 da anterior sesión.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No vacún maior a tendencia xeral foi a unha lixeira baixada. Deste xeito, quedaron en 1.111 euros de media en categoría primeira, 709 en segunda -a máis numerosa- e 450 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.073, 715 e 429 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ovos á baixa

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse unha nova baixa nas cotizacións, excepto na categoría XL que quedou en 1,17 euros a ducia. Pola contra, a categoría L baixou un 0,02% ata os 1,04 euros por ducia. Na M baixou un 0,03% ata os 0,99 euros, a mesma porcentaxe que na S, que quedou en 0,87 euros por ducia.

Nos coellos, en Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse unha baixada do 0,1% ata os 1,40 €/quilo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Suba do porco cebado

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou subir os prezos un 0,02% para as categorías Selecta e Normal, que quedaron nos 0,975 e 0,950 euros por quilo, respectivamente. A Canle II tamén subiu, un 0,026% ata 1,234 euros por quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, esta semana os prezos mantivéronse estables nos 1,28 euros o quilo.

En canto aos leitóns acordouse manter os prezos. Deste xeito quedaron nos 31 euros os procedentes de varias explotacións e nos 36 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada