Carne

Suba dos becerros de recría de cruce en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse baixar as cotizacións do porco cebado, subir a dos leitóns e a dos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 1 de novembro

Loading ad.
Ad could not be loaded.
02/11/2016 9:22 a.m.

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia /Abanca caracterizáronse pola suba dos prezos dos becerros de recría de Cruce e pola irregularidade nos de Frisona, mentres que no vacún maior a tendencia foi a unha lixeira baixada. A afluencia foi menor que noutras ocasións ao coincidir en día festivo. Nas mesas de prezos acordouse baixar as cotizacións do porco cebado, subir as de leitóns e a dos ovos.

Nos becerros de recría de raza Frisona a tendencia foi irregular. Así, na categoría dos de menos de 20 días, a cotización media subiu e foi de 106 euros, fronte aos 92 da pasada semana. Con todo, a cifra representativa é a dos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, onde a media foi de 122 euros por xato, prácticamente igual aos 123 euros do pasado martes. E nos tenreiros de máis de 51 días os prezos baixaron: unha media de 149 euros fronte aos 169 euros da semana anterior.

Pola contra, nos becerros de Cruzamento industrial as oscilacións nos prezos esta semana foron claramente á alza. A categoría de menos de 20 días foi a excepción, cunhas cotizacións medias que se situaron nos 304 euros, iguais ás da pasada semana. Pola contra, na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos subiu, neste caso ata os 348 euros, 19 máis que na última poxa. Nas femias, tamén houbo suba: 260 euros de media, fronte aos 245 do pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días o prezo medio tamén subiu ata os 423 euros, fronte aos 399 euros de media da pasada semana.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto ao vacún maior, a tendencia xeral foi a unha lixeira baixada. Deste xeito, quedaron en 1.058 euros de media en categoría primeira, 709 en segunda -a máis numerosa- e 397 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.060, 717 e 427 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Suba dos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da pasa semana na categoría XL nos 1,38 euros a ducia. Pero para as restantes acordouse unha suba do 0,010% ata os 1,26 euros para a categoría L, 1,17 euros para a M e 0,98 euros a ducia na categoría S.

Nos coellos, en Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse manter as cotizacións nos 1,80 euros o kilo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Suba dos leitóns e baixada do porco cebado

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou seguir coa baixada dos prezos das semanas pasadas, aínda que aplicando un descenso menor. Así, nas categorías Selecta e Normal a baixada foi do 0,010%, quedando nos 1,197 e 1,170 euros por quilo, respectivamente; a Canle II caeu un 0,013% ata os 1,519 euros por quilo, e na categoría de desvelle o intervalo de prezos quedou sen cambios entre 0,71 e 0,77 euros o quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións mantivéronse estables nos 1,520 euros o quilo, mentres que no resto de países da Unión Europea a tendencia foi á baixa.

En canto aos leitóns, acordouse unha nova suba das cotizacións, desta volta dun 1%. Deste xeito quedaron nos 40 euros os procedentes de varias explotacións e nos 45 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada