Carne

Suba dos becerros cruzados e baixada no vacún maior en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 30/12/2021 9:23 a.m.

O mercado semanal de Amio recuperou este mércores a normalidade logo da baixa asistencia de gando da semana pasada como consecuencia da convocatoria e posterior suspensión da folga do transporte. En total, a última feira do ano contou con 1.727 reses, das que 1.463 foron gando menor.

No relativo ás cotizacións acadadas, os vocais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron manter os prezos da sesión anterior para todas as categorías e calidades, logo de dúas semanas de subas.

Pola contra, os prezos da recría de cruce industrial lograron unha revalorización de 5 euros, mentras as canais de vacún maior das clases O e P sufriron baixadas de 5 céntimos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (29-XII-21)

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada