Carne

Suba de Ternera Gallega Suprema

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 15/05/2019 1:36 p.m.

A principal novidade de hoxe nas mesas de prezos de Amio é a suba de Ternera Gallega Suprema, unha categoría que sobe 2 céntimos por unha certa animación da demanda. En canto ó resto de cotizacións, a Mesa de Prezos de Abasto decidiu por unanimidade mante-los prezos da pasada semana, tanto en gando de recría como en vacún mediano e maior.

O mercado de Amio contou na sesión de hoxe con 1.844 reses, 40 máis que na anterior sesión. Houbo 1.470 cabezas de vacún menor (96 máis), 203 de vacún mediano (26 menos) e 163 de vacún grande (20 menos).

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (15-V-2019).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada