Carne

Suba de Ternera Gallega Suprema en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 24/06/2021 10:58 a.m.

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega, que se reúne semanalmente coincidindo co mercado de Amio, acordou por maioría subir 3 céntimos os prezos de todas as canais de Suprema, mantendo así a tendencia ascendente das últimas semanas.

En canto ós prezos rexistrados no mercado de Amio, a sondaxe realizada polo Mercado entre as persoas usuarias permite concluír que se mantiveron os prezos da sesión anterior para todas as categorías e calidades do gando de recría e de abasto.

A asistencia de gando á sesión de hoxe foi de 1.792 reses, 151 menos que a pasada semana. Houbo 1.468 cabezas de vacún menor (125 menos que na sesión anterior), 149 de vacún mediano (25 menos que na sesión anterior) e 175 de vacún grande (1 menos).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa de cotizacións completas de Amio (23-VI-2021).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada