Carne

Suba de Ternera Gallega e baixada da recría frisona en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 09/09/2021 9:05 a.m.

A Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega, que se celebra semanalmente de xeito paralelo ó mercado de Amio, acordou por maioría subir 3 céntimos / Kg. os prezos de referencia de todas as canais amparadas pola Indicación. Mentre, no mercado, un sondeo entre as persoas usuarias permite concluír que os prezos da recría de raza frisona baixaron 5 euros, segundo indica a organización da feira.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 1.906 reses, 276 menos que na anterior. Houbo 1.519 cabezas de vacún menor (221 menos), 194 de vacún mediano (12 máis) e 194 de vacún grande (67 menos).

Máis información
- Táboa de cotizacións de Amio (8-IX-2021).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada