Leite

Suba de prezos na poxa de Africor Lugo en Castro de Ribeiras de Lea

Loading ad.
Ad could not be loaded.
12/02/2017 9:08 a.m.

Os resultados da poxa de gando Frisón organizada por Africor Lugo este sábado en Castro de Ribeiras de Lea foi dun prezo medio de 2.170 euros por animal, oscilando entre os 1.600 e os 2.800 euros.

Dende a organización salientan que nesta primeira poxa do calendario “o mercado de animais de vida repuntou, cuns prezos que superaron en 200€ a media do ano pasado”. Ademais, Africor Lugo destaca que “acudiu moito público e compradores principalmente da provincia e tamén de Pontevedra”.

En total presentáronse á venda 17 animais, a maioría primeirizas paridas de recién, sendo as que teñen maior aceptación, e se venderon na súa totalidade. A que acadou o prezo máis alto foi a primeiriza presentada pola gandería Forcao, de Outeiro de Rei, unha filla de Artes parida de novembro, con nai Toystory cualificada MB88 e avoa Talent, MB85.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A xovenca que acadou o prezo máis alto foi unha filla de Torrel, considerada de alto valor xenético por ter un ICO de máis de 3.000 puntos, presentada pola gandería Marey Castro, de Pol, preñada con Leomarcos, con nai Goldwyn MB85 e avoa Blitz MB85.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada