Carne

Suba de prezos de toda a recría no mercado de Amio

Ademais, por razóns de axuste técnico, subiron 20 euros os prezos das femias de recría descostradas da raza Rubia Galega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 15/03/2023 4:51 p.m.

O Mercado de Amio rexistrou esta mañá unha subida de 5 euros de media nos becerros recría de Frisoa así como nos de cruces. Ademais, por axustes técnicos, o valor das femias de recría descostradas da Raza Rubia Galega subiu 20€.

As mesas de prezos de Tenreira Galega acordaron por maioría manter sen cambios os prezos da sesión anterior para todas as clases e as categorías desta carne.

En canto á asistencia houbo 1.605 reses, o que supón 141 máis que a sesión do pasado 8 de marzo. En concreto contabilizáronse 1.326 cabezas de vacún menor, 138 máis que na sesión anterior. Tamén se rexistrou un lixeiro aumento de 6 cabezas máis en vacún grande -chegando ás 179-, ao igual que houbo unha leve baixada de 3 animais en vacún mediano -o que se traduce na presenza de 100 animais-.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información: Descarga aquí as cotizacións

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada