Carne

Suba de prezo en vacún maior e baixada en becerros en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 10/02/2022 8:53 a.m.

Na sesión desta semana no Mercado de gando de Amio (Santiago) rexistrouse unha suba de 0,05 euros nos prezos das canais de vacún maior, segundo a sondaxe realizada entre os usuarios da feira. Tamén se aprecia unha baixada de 0,05 euros nos prezos de tódalas canais e categorías de vacún mediano.

Pola súa banda, a Mesa de prezos da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega, que marca prezos de referencia para este gando, acordou manter sen cambios as cotizacións de tódalas categorías e calidades do selo.

En canto á asistencia de gando, contabilizáronse 1.730 reses, o que supón 8 menos que a semana pasada. Houbo 1.384 cabezas de vacún menor (25 menos que na sesión anterior), 159 de vacún mediano (27 máis) e 187 exemplares de vacún grande (10 reses menos).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
– Táboa de cotizacións de Amio (9-II-2022).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada