Carne

Suba de prezo dos becerros de cruce en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 11/01/2024 9:36 a.m.

Esta semana no Mercado de Amio a recría de cruce de cor experimentou unha subida de 10 euros nos prezos de referencia, que seguen á alza, como no mercado anterior.

En canto á afluencia, contabilizáronse un total de 2.058 animais, 185 máis que na feira da semana pasada. En concreto, 83 foron de vacún mediano (11 máis que na anterior) e 175 de vacún grande (29 reses máis).

Pola súa banda, os vogais da Mesa de Prezos de Tenreira Galega acordaron manter os prezos sen cambios esta semana para todas as categorías e calidades desta carne.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Táboa de cotizacións de Amio (10-I- 2024).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada