Carne

Suba de 5 céntimos en Ternera Gallega en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 09/06/2021 12:25 p.m.

A Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega, que se reúne semanalmente coincidindo co mercado de Amio, acordou esta semana unha suba de 5 céntimos nos prezos de todas as canais das categorías Suprema e Ternera.

En gando de abasto, a sondaxe realizada polo Mercado entre as persoas usuarias da feira permite concluír que subiron 5 céntimos as canais de gando de matadoiro de peso inferior a 180 Kg. En vacún de recría e vacún maior de abasto, mantivéronse os prezos como a pasada semana.

A asistencia de gando hoxe ó mercado foi de 1.851 reses, 40 máis que a pasada semana. Houbo 1.510 cabezas de vacún menor (44 máis), 156 de vacún mediano (14 menos) e 184 de vacún grande (9 máis).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa de prezos do mercado de Amio (9-VI-2021).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada