Carne

Suba de 3 céntimos en tódalas canais de Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 20/05/2021 6:09 p.m.

O mercado de Amio contou esta semana con 1.747 reses, unha cifra case idéntica á da pasada semana, pois esta semana entraron só 7 cabezas menos. Na Mesa de Prezos de Ternera Gallega, que se celebra en paralelo á feira, os vogais decidiron por maioría subir 3 céntimos os prezos de todas as canais, tanto na categoría Suprema como en Ternera.

No gando do abasto, a sondaxe realizada polo Mercado entre as persoas usuarias permitiu concluír que houbo unha suba de 5 euros nos prezos do gando de recría frisón descostrado, en tanto en vacún maior, baixaron 5 céntimos os prezos de tódalas canais de matadoiro.

En canto á asistencia de gando á feira, esta semana entraron no recinto de Amio 1.413 cabezas de vacún menor (25 máis que a pasada sesión), 143 de vacún mediano (15 menos) e 191 de vacún grande (7 menos).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa de cotizacións de Amio (19-V-2021).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada