Carne

Suba da recría frisona e baixada de Ternera Gallega en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 27/03/2019 2:25 p.m.

Os valores de referencia do gando acordados nas mesas de prezos de Amio experimentaron esta semana unha serie de variacións. En Ternera Gallega, decidiuse unha baixada de 4 céntimos na calidade Suprema e de 2 céntimos na convencional. Apréciase unha forte diminución da demanda do mercado, que se atribúe ó bo tempo das últimas semanas.

No tocante ó gando de abasto, na recría, os machos de raza frisona soben 5 euros, en tanto o vacún maior permanece sen cambios e o gando mediano para sacrificar baixa 10 céntimos.

A asistencia de gando ó mercado de Amio celebrado hoxe foi de 2.170 reses, 149 máis que a pasada semana. Houbo 1.710 cabezas de vacún menor (118 máis), 255 de vacún mediano (16 máis) e 188 de vacún grande (6 máis).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (27-III-2019).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada