Carne

Suba da recría de cruces en Amio, e novo repunte en Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 07/10/2021 11:07 a.m.

A Mesa de Prezos de Ternera Gallega, que marca cada semana prezos de referencia en paralelo ó Mercado de Amio, acordou esta semana un novo repunte de 2 céntimos, pero só nas canais de categoría convencional, non en Suprema. En canto ó Mercado, unha sondaxe realizada pola organización da feira entre as persoas usuarias constatou unha suba de arredor de 5 euros no gando de recría de cruce. O resto do gando continúa con prezos similares á pasada semana.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 1.916 reses, unha menos que no anterior mercado. Houbo 1.533 cabezas de vacún menor (9 menos que na sesión anterior), 181 de vacún mediano (17 menos) e 202 de vacún grande (25 máis).

Máis información
- Táboa de cotizacións de Amio (6-X-2021).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada