Leite

“Soñaba con gañar en Muimenta e dende entón levo sete anos sendo campión de Galicia”

Alberto Iglesia, de SAT Rey de Miñotelo, volve recoller o premio da gran final no Campionato Autonómico, o cal gañou sete anos consecutivos e catro deles con Rey 814 Beemer Yuri

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Noelia Cortizo 24/02/2024 9:45 p.m.

SAT Rey de Miñotelo (A Pastoriza, Lugo) volveu conquistar o Concurso Autonómico da Raza Frisoa de Galicia. Faino por sétima vez consecutiva e catro delas co animal Rey 814 Beemer Yuri. É xa una das ganderías galegas máis coñecidas nos certames e un dos seus propietarios, Alberto Iglesia, cóntanos nesta entrevista como viviu o certame celebrado durante o fin de semana en Santa Comba (A Coruña).

- Que valoración facedes da participación nesta edición do certame autonómico de Santa Comba?
A nivel de granxa espectacular. Conseguimos gañar os campionatos de xata e xovenca, ademais da gran final; os de vaca nova e vaca adulta, e a gran final, ademais de conseguir ser nomeados mellores criadores de xovencas e de vacas. Creo que pouco máis se pode pedir.

- É unha vaca xa con experiencia neste tipo de certames, por que consegue tantos galardóns?
É unha vaca que presenta unhas dimensións que se buscan hoxe en día nos animais. Non é excesivamente grande, pero ao mesmo tempo é alta e longa, con moita calidade e moi ben unida en todas as súas partes.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Que destacas da xata e xovenca que gañaron hoxe?
A xata campioa xa a levamos ao concurso de Italia a principios de decembro, xa quedou segunda na súa categoría e foi un gran resultado para as tenreiras de España. A xovenca xa foi xata subcampioa o pasado ano en Muimenta e hoxe lucía espectacular. Creo que iso foi o que fixo que gañase.

- Con cantos animais participastes nesta edición?
Hoxe participamos con 10 becerras e 3 vacas. Por iso que con estes animais recoller tantos premios é un gran logro.

- Desde cando participades en concursos morfolóxicos?
Levamos desde 2004. Empezamos porque eu soñaba con gañar o concurso de Muimenta. Conseguino e dende entón levo sete anos consecutivos gañando os autonómicos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Que vos achega participar neste tipo de certames?
Eu creo que estes resultados dan unha grande imaxe de como traballas na granxa e da que preparación teñen estes animais de concurso. Chegar a gañar sete veces un certame é complicado, require moito nivel na gandería.

- Como é o manexo dos animais que traedes a concurso na vosa granxa?
Esta vaca leva apartada desde que pariu de primeiro parto, sempre preparándose para isto. Sempre buscamos que estea na mellor forma, ademais de que siga producindo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Hai moito mimo para estes animais?
Pasamos xuntos moitas horas durante a preparación destes concursos e iso fai que teñamos unha relación especial.

- Cales son os seguintes obxectivos?
O seguinte obxectivo a curto prazo é participar no concurso de Muimenta, non sei se cos mesmos animais, pero alí estaremos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada