Desenvolvemento rural

Solicitudes denegadas das axudas de agroambiente e clima e agricultura ecolóxica

18/02/2017 10:35 a.m.

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a denegación de axudas de agroambiente e clima e agricultura ecolóxica, correspondentes á campaña 2016.

Os principais motivos de denegación son que o solicitante incumpre o criterio de elixibilidade de recibir aconsellamento específico e/ou que non acada a puntuación necesaria para acceder á axuda

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante a presidenta do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), no prazo dun mes; é dicir ata o 17 de marzo.

Consulta aquí a listaxe de solicitudes de agroambiente e clima e agricultura ecolóxica denegadas.

Ir a la portada