Viña

Solicitude da Mesa do Viño de Rías Baixas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 06/08/2020 1:38 p.m.

Unións Agrarias vén de solicitar unha inmediata convocatoria da Mesa do Viño de Rías Baixas, pois a organización agraria considera que “en contra do que anunciara algunha adega, este ano non haberá excedentes de produción”.

O responsable do sector vitícola de Unións, José Ramón González, entende que na Mesa do Viño de Rías Baixas ten que abordarse a garantía de recollida da uva a prezos xustos. González pide que a concesión dos anunciados ‘préstamos vendima’ se ligue a esas garantías de recollida e prezos.

A organización agraria chama tamén a atención sobre o feito de que a día de hoxe non haxa onde consultar as condicións dos préstamos en condicións favorables que anunciou Medio Rural para as adegas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Por último, Unións pide que tódolos contratos de abastecemento das adegas se inclúan nun rexistro público, a fin de que se comprobe que están adaptados á lexislación vixente. Estes días, tamén a Fruga pediu a convocatoria dunha Mesa do Viño a nivel Galicia para que organizacións agrarias, cooperativas e adegas aborden coa Administración a próxima vendima.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada