Carne

Soben os xatos frisóns de recría descostrados en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 31/03/2016 8:58 a.m.

As cotizacións do gando en Amio experimentaron esta semana subas nos frisóns de recría e baixadas en Ternera Gallega. Vacún maior e becerros de abasto permanecen sen cambios, segundo se decidiu nas mesas de prezos do mercado de Amio.

Os vogais da Mesa da IXP Ternera Gallega decidiron pola maioría dos seus votos baixar 2 céntimos os prezos de todas as categorías e calidades desta carne. Todos eles coinciden en apreciar un mercado moi pesado, debido á acumulación de stocks nos matadoiros.

En canto á Mesa de Prezos de Abasto, os vogais decidiron por unanimidade manter igual as cotizacións de todo o gando, salvo no caso dos frisóns de recría descostrados, que soben 10 euros nas calidades extra e boa. Mantense sen cambios o resto da recría, así como o vacún maior e os becerros para sacrificar.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A asistencia de gando á sesión desta semana foi de 2.085 reses, 314 máis que na sesión pasada. Houbo 1.530 cabezas de vacún menor, 249 de vacún mediano e 289 de vacún grande.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións do mercado de Amio (30-III-2016)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada