Carne

Soben os becerros Frisóns de recría e baixa o vacún maior en Silleda

Baixa o porco cebado e suben os ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 1 de setembro

Loading ad.
Ad could not be loaded.
01/09/2015 7:11 p.m.

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse pola suba, aínda que con matices, dos becerros de recría. Pola contra, os becerros carniceiros e o vacún maior baixaron de prezo.

Así, nos becerros para recría de raza Frisona, os de menos de 20 días pagáronse a unha media de 90 euros; a 119 € os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, e a 129 euros os de máis de 51. A pasada semana os prezos foron de 91, 110 e 126 €, respectivamente.

En canto aos becerros de recría de cruce industrial, o prezo foi máis inestable, con respecto á pasada semana, xa que subiron os de menos de 20 días, mentres que os de máis de 51 días e os de 21 a 50 días experimentaron unha caída de prezo. En concreto, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 344 euros; a 310 € os de 21 a 50 días, e a 385 euros os de máis de 50. A pasada semana os prezos foron de 288, 316 e 410 €, respectivamente.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Nos becerros carniceiros a baixada foi xeneralizada en todas as categorías con respecto á semana pasada agás nos de raza Frisona. En concreto, pagáronse a 522 € os de raza Frisona, 681 de media para os de cruce industrial e 855 para os de Rubia Galega. O pasado martes as cotizacións foron de 463, 795 e 934 euros, respectivamente.

No vacún maior os prezos rexistraron unha leve caída, agás na Categoría Primeira, na que pasaron de 1.097euros a 1.136, mentres que as vacas de Segunda, a categoría máis numerosa das tres, baixou notablemente dos 711 euros da semana pasada a 697 €. As vacas de desvelle tamén baixan de novo ata os 407 euros.

As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Suba nos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse subir os prezos un 0,03% para as categorías XL e L e un 0,02% para as M e S. Deste xeito, a ducia de ovos quedou nos 1,55 € para os XL; 1,33 € a ducia para a categoría L; 1,20 para a M, e 1,05 € a ducia para os de clase S.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, as cotizacións seguen nun mínimo anual de 1,30 €/kilo.

Baixada no porco cebado

En porcino, a mesa de prezos acordou unha semana máis baixar as cotizacións unha media do 0,01% nas categorías Normal e Selecto, e un 0,013% no Canal II, mentres que a categoría de Desvelle segue igual. Pola contra, en Europa, en Holanda e en Alemaña subiron os prezos do porco cebado un 0,03 %.

En canto aos leitóns acordouse manter os prezos da semana anterior, que quedaron nos 21 euros os procedentes de varias explotacións e nos 26 euros os procedentes dunha única explotación.

As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada