Carne

Soben os becerros carniceiros e baixan os de recría en Silleda

O vacún maior mantívose sen cambios, ao igual que os leitóns e os ovos. Baixa o porco cebado. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 25 de agosto

Loading ad.
Ad could not be loaded.
25/08/2015 7:37 p.m.

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse pola baixada xeneralizada dos becerros de recría. Pola contra, os becerros carniceiros subiron, mentres que o vacún maior mantivo uns prezos estables.

Así, nos becerros para recría de raza Frisona, os de menos de 20 días pagáronse a unha media de 91 euros; a 110 € os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, e a 126 euros os de máis de 51. A pasada semana os prezos foron de 105, 121 e 180 €, respectivamente.

En canto aos becerros de recría de cruce industrial, o prezo foi máis inestable, con respecto á pasada semana, xa que baixaron os de menos de 20 días, mentres que os de máis de 51 días e os de 21 a 50 días experimentaron un lixeiro incremento de prezo. En concreto, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 288 euros; a 316 € os de 21 a 50 días -a categoría con máis asistencia de xatos-, e a 410 euros os de máis de 50. A pasada semana os prezos foron de 295, 313 e 352 €, respectivamente.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Nos becerros carniceiros a suba foi xeneralizada en todas as categorías con respecto á semana pasada: 463 € para os de raza Frisona, 795 de media para os de cruce industrial e 934 para os de Rubia Galega. O pasado martes as cotizacións foron de 449, 735 e 909 euros, respectivamente.

No vacún maior os prezos rexistraron unha leve caída na Categoría Primeira, de 1.119 euros a 1.097, mentres que as vacas de Segunda, a categoría máis numerosa das tres, subiu lixeiramente dos 709 euros da semana pasada a 711 €. Pola contra, as vacas de desvelle baixan de novo ata os 422 euros.

As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Estabilidade nos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos sen cambios. Deste xeito, a ducia de ovos quedou nos 1,52 € para os XL; 1,30 € a ducia para a categoría L; 1,18 para a M, e 1,03 € a ducia para os de clase S.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, as cotizacións seguen nun mínimo anual de 1,30 €/kilo.

Baixada no porco cebado

En porcino, a mesa de prezos acordou unha semana máis baixar as cotizacións unha media do 0,05% nas categorías Normal e Selecto, e un 0,07% no Canal II, mentres que a categoría de Desvelle segue igual. En Alemaña baixaron os prezos do porco cebado un 0,01 %.

En canto aos leitóns acordouse manter os prezos da semana anterior, que quedaron nos 21 euros os procedentes de varias explotacións e nos 26 euros os procedentes dunha única explotación.

As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada