Leite

Soben en marzo os prezos dos produtos lácteos na Unión Europea

Loading ad.
Ad could not be loaded.
28/03/2021 10:57 a.m.

Evolución positiva dos mercados lácteos na Unión Europea no que vai de 2021, cunha suba dos prezos dos produtos lácteos, unha tendencia que paradoxalmente non se está a trasladar aos prezos que perciben os gandeiros.

En concreto, e segundo os datos que ven de publicar esta semana o Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea os prezos da manteiga na UE medraron no que vai de marzo un 5%, ata os 3,91 euros o kilo; o leite en pó desnatado (SMP polas súas siglas en inglés) tamén se revalorizou un 3,1% ata os 2,45 euros o kilo, unha suba que foi maior no caso do leite en pó enteiro (un 5,8% máis), que quedou nos 3,17 euros o quilo. Polo que respecta ao queixo chedar, o prezo mantívose estable, nos 3,08 euros o quilo, cunha suba do 0,2% no mes de marzo.

Nos outros tres principais exportadores de produtos lácteos, houbo tamén subas importantes en Nova Zelandia e Australia, mentres que en Estados Unidos apenas houbo oscilacións nas últimas cotizacións.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información: https://ec.europa.eu/info/sites/info/files/food-farming-fisheries/farming/documents/dashboard-dairy_en.pdf

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada